O artista naceu en 1980 en Valladolid. Na súa mocidade tiña curiosidade polos malabares e comezou a practicar de forma autodidacta. En 1999 pasou formar parte da asociación de malabaristas da súa cidade "Por los Suelos". Alí puido compartir a súa paixón con outr@s moz@s aprendendo uns d@s outr@s. En 2001 decidiu emprender unha viaxe dun ano por Centroamérica. Alí sobreviviu como artista de rúa, experiencia que o enriqueceu moito, sobre todo a nivel humano. Tempo despois do seu regreso, en 2003, fundou xunto co seu irmán a compañía "The Jazzgling Brothers". O seu espectáculo gañou o premio do Festival Artescena 2008 en Ávila e participou en festivais como Circolmedo 2009 e Titirimundi 2010. Pouco despois a vida fixo que estes dous artistas disolveran a compañía para traballar noutras cousas. Aínda así, non perderon o amor polo circo. No 2016 organizaron na súa pequena aldea, Matamala (Segovia), o “I Encuentrillo Serrano de Circo” que se celebrou durante catro anos consecutivos. En 2017 fundan a compañía "Trapecircus" xunto cun terceiro membro, realizando a súa gala circense na provincia de Segovia. En 2019 "Simplemente Enricco" trasladouse a Galicia, a unha pequena aldea ao sur de Ourense. Na actualidade continúa alí onde desenvolve individualmente o seu proxecto artístico. Durante setembro de 2020, en plena pandemia, Enricco tivo a oportunidade de ensaiar en Bemposta, A Ciudade dos Muchachos, onde tivo o seu primeiro contacto có funambulismo clásico. Isto marcara a súa carreira converténdose na disciplina na que está máis centrado agora mesmo. Tamén asiste na EMBC, Escola de Música da Banda de Celanova, como estudante de trompeta, coa intención de integrar a música nos seus espectáculos. En 2021 realiza con eles varias colaboracións artísticas con este personaxe que dá nome ao seu actual proxecto artístico. Actualmente é membro da Asociación Profesional de Circo de Galicia APCG.