eQUILIBRIO OU COLAPSO

   Número de funambulismo para gala de 8 minutos de duración.

 

   Neste número, o artista plasma a sua intranquilidade polo momento histórico crucial no que estamos a vivir. Estableceo nun futuro próximo posibel. Nun mundo có aire irrespirabel debido á contaminación. Un mundo con escaseza de recursos e auga potable. O artista atopa un paralelismo entre a nosa civilización e un funambulista que camiña sobre o cable. Nun delicado equilibrio. A piques de caer. Para el estamos nunha bifurcación e só hai dous camiños:

 

   Equilibrio ou Colapso.